Pasar al contenido principal
STG

A novena promoción de licenciados en Química da USC celebra este venres o acto de finalización de estudos

A novena promoción de licenciados en Química da USC celebra este venres, día 13, o seu acto de finalización de estudos, que estará presidido polo vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló Casasús.
Os primeiros en intervir no acto, que se desenvolverá a partir das 18:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química, serán os alumnos David Ríos Iglesias e Saleta Vázquez Rodríguez en representación dos seus compañeiros, a quen lles seguirá o profesor José Luis Castedo Expósito, padriño desta novena promoción.
O secretario da Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Santiago Amor Barreiro; o decano presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, José Antonio Rodríguez Vázquez; e o decano da Facultade compostelá de Química, Ramón José Estévez Cabanas, continuarán coa quenda de intervencións.
O acto rematará coa entrega de insignias e diplomas conmemorativos aos alumnos da Licenciatura.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.04.2007.