Pasar al contenido principal
STG

José Luis García, catedrático da Universidade alemá de Colonia, imparte unhas conferencias na USC

O Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago convidou ao profesor José Luis García Ramón, catedrático de Lingüística Indoeuropea da Universidade de Colonia (Alemaña), a impartir unha serie de conferencias na Facultade de Filoloxía.
‘Para a reconstrución do verbo ie: Supletivismo, aktionstar e aspecto’ é o título da primeira das conferencias, que terá lugar o luns, 16 de abril, ás 11:00 horas na Sala de Traballo 313 da Facultade.
Xa o martes 17, ás 11:30 horas na Aula 22, falará sobre fraseoloxía herdada nas linguas antigas de Europa. Por último, o mércores 18 a súa intervención, ás 10:00 horas na Sala de Traballo 313, xirará en torno á onomástica micénica e os novos textos de Tebas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2007.