O Espazo de Danza da USC, dentro do ciclo 'Xa que pasas...', realizará intervencións en diferentes lugares do Campus de Lugo
O Espazo de Danza da Vicerreitoría de Cultura (EDU) realizará o martes 17 e o xoves 19 varias intervencións en diferentes espazos do Campus de Lugo. Esta iniciativa denominada ‘Xa que pasas...’ busca unha interacción entre a danza e a vida cotiá universitaria, convertendo xardíns, vestíbulos ou comedores en escenarios improvisados para a realización de coreografías.
O EDU interpretará a peza ‘Xerme (elemento que ao desenvolverse dá lugar a un ser vivo)’ de Juan Carlos Zahera con música de Yann Tiersen. Será o martes, día 17, ás 12:00 horas no aulario da Facultade de Veterinaria e as 14:00 horas no vestíbulo da cafetería, e o día 19, ás 12:00 horas no aulario da Facultade de Humanidades e ás 14:00 horas na cafetería.