Pasar al contenido principal
STG

Toma de posesión da profesora María Teresa Cancelo Márquez como decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A profesora María Teresa Cancelo Márquez tomará posesión do seu cargo como decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais este martes, día 17, nun acto que se vai desenvolver a partir das 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome presidido polo reitor da USC, Senén Barro.

María Teresa Cancelo resultou elixida nova decana deste centro compostelán con 55 votos a favor, 51 en contra e un en branco. O resto do equipo decanal estará composto pola profesora Pilar Díaz Vázquez como vicedecana de Asuntos Económicos, polo docente Alejandro Ballesteros Ron como vicedecano de Relacións Exteriores e Intercambios, e a profesora Mercedes Tato Rodríguez como secretaria.
Nun proceso electoral no que tamén participou a profesora María Luisa del Río, a nova decana, profesora do Departamento de Economía Cuantitativa, será a primeira muller que ocupe este posto na Facultade de Económicas substituíndo ao profesor Manuel Jaime Barreiro Gil, con quen foi vicedecana de Organización Académica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2021.