Unha charla e un obradoiro na residencia Monte da Codesa aproxima aos universitarios prácticas de reciclaxe, reutilización e redución de lixo
A Residencia Universitaria Monte da Condesa organiza este mércores a partir das 21:00 horas unha charla sobre xestión de residuos e un obradoiro de reciclaxe e reutilización baixo o lema ‘Na procura das 3 erres: reducir, reciclar e reutilizar’.
A sesión comezará coa celebración da charla que impartirá o secretario da Federación Ecologista Galega, Celestino Quintela, ao que lle seguirá o obradoiro sobre reciclase e reutilización no que os asistentes farán papel reciclado, cinceiros a partir de latas ou complementos e accesorios con bolsas de datos. Nesta mesma xornada farase a convocatoria para o 1º Certame de ‘Arte de lixo’ no que se mostrarán os traballos elaborados baixo este lema.
Estas actividades están organizadas pola Bolsa de Aula Verde do SUR e conta coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura.