O servizo de Participación de Integración Universitaria da USC realiza unha campaña de recollida de fondos con motivo do Día Contra o Cancro
Con motivo do Día Contra o Cancro, este xoves 10, o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC en colaboración coa a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) vai realizar unha campaña de recollida de fondos en todos os centros da USC.
Para o desenvolvemento desta campaña instalaranse mesas na entrada ou no lugar máis transitado de cada centro en horario de 10:00 a 14:00 horas excepto na Escola Universitaria de Enfermaría onde estará instalada en horario de tarde.