Pasar al contenido principal
STG

Membros da Embaixada Francesa explican na USC as facilidades para estudar no país veciño

Profesores e membros da USC asistiron á inauguración das Xornadas da Embaixada Francesa
Profesores e membros da USC asistiron á inauguración das Xornadas da Embaixada Francesa

Co obxectivo de dar a coñecer entre investigadores e profesores a colaboración entre a USC e as universidades francesas, a Facultade de Filoloxía acolleu hoxe unha xornada á que asistiu o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, o conselleiro para a Ciencia e a Tecnoloxía da Embaixada Francesa, Roland Morancho, e o agregado para a Cooperación Universitaria da mesma embaixada, Jérôme Ferret.
Na inauguración do encontro, Roland Morancho e Lourenzo Fernández destacaron a importancia de informar á comunidade universitaria sobre as liñas de axudas e colaboración que establece o goberno francés para estudar no país veciño. Deste xeito, abordáronse cuestións coma as equivalencias coas titulacións francesas, as bolsas de institucións privadas e do goberno galo ou as posibilidades de aloxamento e manutención nas propias universidades.
Para achegar estes datos ao Campus de Lugo, a mesma sesión informativa repetirase o xoves, día 10, a partir das 10:30 horas na Facultade de Humanidades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2007.