Pasar al contenido principal
STG

Nova charla do ciclo sobre xenética médica

O investigador Galo Martínez Nieto, do Grupo de Medicina Xenómica da USC, participará este venres, día 11, no ciclo de charlas sobre xenética médica cunha conferencia sobre os aspectos xenéticos e o diagnóstico molecular da paraparesia espástica herdable.
Organizadas semanalmente polo Grupo de Medicina Xenómica, as intervencións enmarcadas neste ciclo celébranse ás 13:00 horas na Aula 2 do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2007.