A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade percorre este venres os Roteiros Verdes da USC
Membros da Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela visitarán este venres, día 11, os xardíns da USC nunha actividade enmarcada no programa ‘Roiteiros Verdes’ do Plan de Desenvolvemento Sostible.
Os asociados, que partirán da Facultade de Química ás 17:00 horas, percorrerán o Roteiro 1, que abrangue dende a entrada principal ao Campus Sur ata os colexios maiores. Na visita guiada observarán exemplares dalgunhas das especies consideradas de maior interese, das que 16 son ximnospermas e 19 anxioespermas.