O músico brasileiro Carlos Dantas actúa na residencia Monte da Condesa
‘Olhando ao Brasil’ é o título do concerto que o músico brasileiro Carlos Dantas (voz e guitarra acústica), bolseiro de biblioteca da RUMC, ofrece este martes, día 15, a partir das 22:00 horas na Sala do Piano da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Ao longo da actuación, Dantas ofrecerá un percorrido polas distintas rexións e estilos da música brasileira, dende o samba ou a bossa-nova ata ritmos nordestinos como o xote. Nalgunhas pezas, Dantas contará coa colaboración de Alexandre Ríos (piano).
O concerto, organizado polas bolsas de Música e Biblioteca, inclúese na programación da Quincena das Artes da R.U. Monte da Condesa.