Pasar al contenido principal
STG

A asociación universitaria Evohé organiza un ciclo en Lugo que analiza a relación entre o cine e a relixión

A asociación universitaria Evohé organiza para a vindeira semana un ciclo que analiza a relación entre o cine e a relixión. Para o que se proxectarán varias películas de directores como Hitchcock, Dreyer, Ingmar Bergman ou Tarkovsky que tratan temas como o secreto de confesión, os límites da fe, a loita entre o ben e o mal e outro tipo de conflitos existenciais.
Deste xeito, o luns 21 comeza o ciclo coa proxección ás 20:00 horas no Salón de Actos de Humanidades do filme de Alfred Hitchcoc ‘Yo confieso’ que aborda os problemas do secreto de confesión. O martes 22, á mesma hora, aproveitarase o visionado de ‘Ordet’ (La palabra) de Carl Theodor Dreyer para analizar os límites da fe. O mércores 23, será a quenda do director Richard Donner coa súa obra ‘A profecía’ sobre a eterna loita entre as forzas do ben e o mal. ‘Os comungantes’, de Ingar Bergman, é a película do xoves escollida para tratar as dúbidas existencias, tamén será ás 20:00 horas no Salón de Actos da facultade. O venres 25 remata o ciclo e adiántase a hora da proxección ás 18:00 horas, neste caso será o drama ‘Sacrificio’ de Andrèi Tarkovsky.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.05.2007.