Pasar al contenido principal
STG

A Escola de Negocios Uniemprende organiza un seminario sobre técnicas de venda e habilidades comerciais

Dar a coñecer as técnicas de venda e de presentación de proxectos máis efectivas é o obxecto do seminario que a Escola de Negocios Uniemprende, responsable da formación do Programa de Creación de Empresas da USC, desenvolverá os días 29 e 30 de maio.
No seminario ‘¿Como presentar e vender o noso proxecto de maneira máis eficaz? Técnicas de venda e habilidades comerciais’ formarase aos asistentes nas técnicas de venda e de presentación máis efectivas así como no desenvolvemento das súas habilidades directivas e comerciais coa finalidade de que logren captar o interese de clientes potenciais e convertelos en clientes reais e fidelizados.
O curso, cuxo prazo de inscrición remata este xoves 24, impartirase en horario de mañá e tarde na Aula de Formación do Edificio Cactus (Campus Sur). As persoas interesadas poden acadar máis información no teléfono 981563100, Ext. 16258 / 900100981 ou no e-mail uniemprende [at] usc.es (uniemprende[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2007.