Pasar al contenido principal
STG

Nova sesión do Seminario Vidal Abascal coa participación da profesora da Universidade de Minho Lucía Fernández

A profesora da Universidade de Minho Lucía Fernández Suárez imparte este xoves 24 no Seminario Vidal Abascal do Departamento de Xeometría e Topoloxía a conferencia ‘Espazos de Hopf finitos con complexo xerador retráctil’. A intervención desenvolverase a partir das 16:30 horas na Aula 7 da Facultade de Matemáticas.
Lucía Fernández Suárezé profesora do Departamento de Matemática da Universidade do Minho e especialista en topoloxía alxébrica, unha área de grande importancia na matemática actual. Formouse como investigadora na USC e na USTL de Lille (Francia) e ten publicados traballos nas mellores revistas de matemáticas.
O Seminario Vidal AbascalO seminario do Departamento de Xeometría e Topoloxía cambia o seu nome en homenaxe ao profesor Enrique Vidal Abascal, partícipe fundamental na creación do citado Departamento e da Facultade de Matemáticas da USC, onde ocupou o cargo de director e decano, respectivamente, ademais de ser unha figura emblemática da matemática galega actual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2007.