Pasar al contenido principal
STG

O grupo Milladoiro ofrecerá este xoves un concerto dentro do programa de actos conmemorativos do 150 aniversario da Facultade de Farmacia

Dentro do programa de actos que a Facultade de Farmacia da USC organiza co gallo da conmemoración do 150 aniversario da súa creación, o grupo Milladoiro ofrecerá este xoves 11 un concerto que se vai celebrar a partir das 21:00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
A vinculación do Grupo Milladoiro coa Facultade de Farmacia da USC remóntase aos tempos de “Faíscas do Xiabre”, etapa na que algúns dos compoñentes da agrupación estudaban a carreira de Farmacia ou traballaban como Persoal de Administración e Servizos neste centro compostelán. A entrada ao concerto é libre ata completar o aforo do recinto

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2007.