Pasar al contenido principal
STG

Os premios do Certame de Fotografía 150 Aniversario da Facultade de Farmacia entregaranse este xoves

O xurado concedeu un total de seis premios e accésits

Os premios correspondentes ao Certame de Fotografía 150 Aniversario da Facultade de Farmacia entregaranse este xoves, día 11, no transcurso dun acto que se vai celebrar a partir das 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.
A concurso presentáronse un total de 59 fotografías de entre as que o xurado seleccionou 30 que compuxeron a exposición celebrada entre os pasados meses de maio e xuño. Do total de obras presentadas, o xurado concedeulle o primeiro premio, dotado con 750 euros, á fotografía Camino de Pamukkale de Roberto González Berdini, da Coruña; o segundo, con 500 euros, a Gatos callejeros 2 de José Ramón Moreno Fernández, de Zaragoza; e un terceiro premio, de entre as fotografías presentadas polos integrantes ou licenciados pola Facultade de Farmacia da USC e dotado con 250 euros, que recaeu na imaxe Que ben, isto non ardeu, presentada por Manuel Campos Toimil.
O xurado, atendendo a criterios de calidade fotográfica e interese etnográfico, outorgou tamén unha mención especial, dotada cun diploma e obsequio conmemorativo, á instantánea Pisac, presentada por Javier Pedro Fernández Ferreras, de Berango.
Certame VirtualA exposición cos traballos seleccionados inclúe ademais as fotografías premiadas polo público e presentadas ao certame virtual de entre un total de 177 obras. Nesta categoría o premio correspondeu á fotografía Alba, presentada por María Castellanos Vicente, de Xixón. Aínda que nesta modalidade unicamente estaba previsto un premio único de 250 euros e dada a calidade dos traballos presentados, a Comisión Organizadora acordou conceder un accésit á obra Mans do avó, que presentou Manuel Pombo Garazo, de Santiago de Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2007.