Pasar al contenido principal
STG

Danza e teatro na xornada do mércores da Semana de Benvida de Lugocultural

O Espazo de Danza Universitario e a Compañía de Teatro da USC en Lugo serán os protagonistas da xornada deste mércores 17 da Semana de Benvida que organiza Lugocultural e que pretende achegar a poboación da cidade ao campus.
Deste xeito, o Espazo de Danza continuará coa posta en escena do seu programa de improvisación ‘Xa que pasas…’, que pretende sorprender en distintos espazos do campus aos estudantes que, de xeito fortuíto, se atopen nese lugar. As actuacións serán ás 14:00 horas na Facultade de Humanidades, ás 16:45 na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, ás 17:45 en Relacións Laborais e ás 19:00 na EPS.
Representación de ‘O público’Finalmente, a cristalera da Facultade de Veterinaria acollerá ás 23:00 horas a interpretación da obra ‘O público’, de Federico García Lorca, pola Compañía de Teatro da USC-Lugo xurdida en 2007 do ata agora Taller de Arte Dramática.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2007.