Pasar al contenido principal
STG

A Escola Taller de Música Antiga do Orfeón Caixa Galicia 'Terra a Nosa' e a Capela Compostelá ofrecen un concerto esta martes en Santiago

Dirixidos por Miro Moreira, o recital na Igrexa Universitaria enmárcase nos actos do 150 Aniversario da Creación da Facultade de Farmacia

A Escola Taller de Música Antiga do Orfeón Caixa Galicia ‘Terra a Nosa’ e a Capela Compostelá, dirixidos por Miro Moreira, ofrecen este martes 4 un concerto extraordinario dedicado á Inmaculada Concepción e enmarcado nos actos de clausura do 150 Aniversario da Creación da Facultade de Farmacia da USC. O concerto, patrocinado pola Fundación Caixa Galicia e de entrada libre ata completar o aforo, terá lugar ás 21:00 horas na Igrexa da Universidade.
‘Terra a Nosa’O Taller de Música Antiga do Orfeón Caixa Galicia ‘Terra a Nosa’ foi creado no seo do propio Orfeón polo seu director Miro Moreira baixo o auspicio de Caixa Galicia para difundir e estender súa actividade coral de cámara e solista. Cun repertorio extenso, ofreceu concertos nas principais salas de España e Europa, dedicando especial atención á recuperación de obras das catedrais galegas e gravando coas principais orquestras galegas.
Organizou diversos ciclos de gravacións e concertos didácticos -destaca a súa gravación en CD de ‘Cancións de aquí e acolá’ de Paulino Pereiro- e ciclos de música vocal. Recentemente deu unha xira de Concertos de Música Barroca Española no Museo Metropolitano de Nova York e na catedral Católica de Washington.
Miro MoreiraO compostelán Miro Moreira iniciou seus estudos musicais na Capela Musical da Catedral de Santiago de Compostela e no Orfeón ‘Terra a Nosa’. Licenciado en Canto polo conservatorio do Liceo de Barcelona, centrou a súa especialización como cantante e director dos períodos do renacemento e barroco. Como contratenor solista participa en numerosos concertos pola xeografía española e europea, formando parte de grupos dedicados á música antiga como Capela Compostelá, Capella Reial de Cataluña ou Al aire español.
Dende 1984 Moreira é director do Orfeón Caixa Galicia ‘Terra a Nosa’ e dende 1988 dirixe a Capela Musical da Catedral de Santiago recuperando varias obras de mestres de capela da Basílica compostelán como o Códice Calixtino, Cantorais de polifonía, Stabat Mater de B. Chiodi, Eses mozos do campo, Oficio e Villancicos de Navidade de Melchor López, Misa e Villancicos ao Apóstolo de J. De Vaquedano, Motetes de Advento e Coáresma de Diego de Muelas ou os Himnos do Códice Calixtino de S. Tafall, entre outros.
Actualmente é profesor asociado de Canto Coral e Formación Vocal e Auditiva na Facultade de Ciencias da Educación, e director do coro da Universidade de Santiago de Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2007.