Pasar al contenido principal
STG

Veterinaria organiza unha xornada sobre diagnóstico patolóxico en coellos

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo organiza para este xoves, día 7, unha xornada de estudo do diagnóstico patolóxico en coellos, na que expertos e profesores da USC explicarán o protocolo a seguir nunha necropsia, os procesos entéricos ou o recoñecemento de lesións, entre outros.
A xornada comezará ás 9:30 horas coa presentación que correrá a cargo do representante de ventas da empresa de sanidade animal ELANCO, Manuel Caamaño Roig. A continuación a decana da Facultade, Ana María Bravo del Moral, explicará o protocolo da necropsia e o recoñecemento das principais lesións nos coellos incluíndo unha práctica e a discusión de casos. Ás 13:00 horas, o investigador do Centro de Investigación Animal CReSA, Ignacio Badiola, disertará sobre os procesos entéricos nesta especie e pechará a xornada a xefa de produto de ELANCO, Susana Lapuente, falando sobre a situación da súa empresa no sector cunícula.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2007.