Pasar al contenido principal
STG

A USC comeza a implantación da norma OHSAS 18001 para a xestión da prevención de riscos laborais

A Universidade de Santiago de Compostela vai comezar a implantación da norma OHSAS 18001 para a xestión da prevención de riscos laborais. Nunha primeira fase esta norma implementarase en todas as residencias universitarias, na Escola Infantil ‘Breogán’ e no Instituto de Cerámica.
A USC xa dispón dun Plan de Prevención de Riscos Laborais que cumpre todos os requisitos legais e que é xestionado polo Servizo de Prevención de Riscos da USC (SPR). Agora trátase de dar un paso máis, dentro da política de calidade que segue a Universidade, para que queden perfectamente fixados e documentados todos os obxectivos e procedementos de avaliación de riscos, plans de autoprotección e outras actividades en materia de seguridade e saúde laboral.
Neste senso, este venres tivo lugar unha xornada de formación, a cargo da empresa NOVOTEC en colaboración co SPR, na que se informou de que o sistema quedará implantado a finais de 2007 para posteriormente, mediante unha auditoría externa, certificarse que se cumpren todos os requisitos esixidos polo sistema.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.06.2007.