Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Unha tese sobre as estruturas supramoleculares dos derivados de ácidos biliares obtén a máxima cualificación en Lugo

A licenciada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela Mª Mercedes Álvarez Alcalde acaba de defender na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo a súa tese de doutoramento titulada ‘Estructuras supramoleculares generadas por derivados de ácidos biliares y ciclodextrinas’ que acadou a culaificación de sobresaínte cum laude. O traballo estaba dirixido polo catedrático de Química Física José Vázquez Tato e pola doutora do mesmo departamento Aida Jover Ramos.
A tese presentada estudou o deseño de novas estruturas supramoleculares derivadas a partir de novos oligómeros acíclicos de sales biliares e o deseño dunha nova máquina molecular a partir dun derivado da beta-ciclodextrina mediante un mecanismo de autoinclusión coñecido como isomería in-out.O tribunal encargado de avaliar esta investigación conformábano os catedráticos José Miñones, da USC; José Peleteiro da Universidade de Vigo; Nicolae Viorel da Universidade ‘La Sapienza’ de Roma; Angela F. Danil de Namor da Universidadade de Surrey en Guildford; e Teijón Rivera da Universidade Complutense de Madrid.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2007.