Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

As Xornadas de Orientación en liña achegarán información de utilidade ao futuro alumnado universitario

Estudantes no Campus Sur da USC. Foto: Santi Alvite
Estudantes no Campus Sur da USC. Foto: Santi Alvite
Celebraranse por videoconferencia este martes 14 e mércores 15. A web de acceso ás xornadas oferta igualmente contacto directo coa Oficina de Información Universitaria da USC para resolver as dúbidas concretas
Lugo, Santiago de Compostela

Dirixidas a alumnado que vai acceder á universidade o vindeiro curso académico, a USC celebrará este martes 14 e o mércores 15 unhas Xornadas de Orientación en liña coas que pretende achegar información de utilidade sobre os distintos procesos que é preciso desenvolver así como sobre a oferta docente servizos que a institución universitaria brinda á comunidade universitaria.

Tanto o martes como o mércores está programada unha videoconferencia ás 16.00 horas dedicada especificamente ao proceso de preinscrición nas universidades galegas. Do mesmo xeito, a web de acceso á xornada oferta igualmente contacto directo coa Oficina de Información Universitaria da USC para as dúbidas concretas.

As persoas interesadas poderán acceder ademais de xeito individualizado a cada unha das titulacións ofertadas pola USC coa opción de interactuar a través dunha videoconferencia cun/ha representante de cada grao, para realizar todas as consultas relativas a ese título en concreto. Completando o conxunto inclúese información de servizos destacados como o de Residencias, o de Deportes, o de Relacións Exteriores, ou a Área de Cultura, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.07.2020.