Pasar al contenido principal
STG

A segunda Semana da Ciencia do IGFAE mostra as particularidades dos aceleradores de partículas

Cartel co programa de actividades previstas
Cartel co programa de actividades previstas
Entre os días 11 e 16 están previstas diversas actividades para públicos de distintas idades aos que se mostrará o labor deste Instituto no campo da física de partículas, astropartículas e nuclear...
Santiago de Compostela

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) desenvolverá entre os días 11 e 16 a segunda edición da Semana da Ciencia. En diferentes localizacións de Santiago e dirixida a un público de distintas idades, o evento pretende dar a coñecer o labor deste Instituto no campo da física de partículas, astropartículas e nuclear a través de distintas actividades, organizadas co obxectivo de fomentar a cultura científica na cidadanía galega e vocacións STEM entre os máis novos.

Nesta edición o tema vertebrador do programa son os aceleradores de partículas xa que se cumpren agora 90 anos do primeiro deles: o ciclotrón de Ernest Lawrence. O invitado que inaugurará o vindeiro luns 11 a Semana da Ciencia é o líder da construción do LHC do CERN, Lyn Evans, quen dará unha charla gratuíta para todos os públicos sobre o maior colisionador de partículas do mundo. O martes, seguiralle a física teórica e cineasta Ágnes Mócsy cun coloquio para explorar as interseccións arte-ciencia, ademais doutras actividades como unha Nerdnite temática de aceleradores de partículas, a entrega de premios do II Concurso de Comunicación Científica e a xornada de portas abertas ‘ Ciencia Singular’, organizada conxuntamente pola Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2019.