Pasar al contenido principal
STG

Aberta a inscrición no II Congreso Multidisciplinar en Nutrición que se celebrará na Facultade de Ciencias o 22 de novembro

Cartaz do II Congreso Multidisciplinar en Nutrición
Cartaz do II Congreso Multidisciplinar en Nutrición
Trátase dun foro de análise e debate orientado á participación da comunidade universitaria, pero aberto a todo o público interesado e preocupado por seguir unha alimentación saudable
Lugo, Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC celebrará o venres 22 de novembro o II Congreso Multidisciplinar en Nutrición, un foro de análise e debate orientado á participación da comunidade universitaria, pero aberto a todo o público interesado e preocupado por seguir unha alimentación saudable.

As persoas interesadas en participar como asistente neste evento, promovido polo alumnado do grao en Nutrición Humana e Dietética en colaboración coa Facultade de Ciencias da USC e o Colexio de Dietistas e Nutricionistas de Galicia (Codinugal), pode formalizar xa a súa inscrición a través do formulario en liña xa habilitado e no que se atopa información respecto das taxas e bonificacións.

O programa do congreso desenvolverase en quenda de mañá e tarde no centro universitario lugués, onde, logo dunha breve sesión inaugural na que, entre outros intervirán a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga, a dietista-nutricionista Laura Regueiro abrirá a quenda de relatorios cunha intervención baixo o título ‘Vexetariana, e agora que?’.

Un enfoque multidisciplinar sobre o ril e a nutrición, a cargo do neurólogo Secundino Cigarráns, e unha sesión sobre a intervención nutricional familiar, a cargo da dietista nutricionista Emma Enríquez, pecharán a programación matinal. Unha charla sobre suplementación deportiva, a cargo de Alejandra Piñeiro, abrirá a sesión de tarde deste congreso multidisciplinar en nutrición, un foro no que as psicólogas de Adamia Rosalía Campos e Lucía Trigo falarán sobre obesidade e adherencia á dieta.

A presentación dos mellores Traballos Fin de Grao, cuxa autoría corresponde a Sara López e Uxía Lavandeira, seguida dunha exposición a cargo da Secretaría do Colexio de Dietistas e Nutricionistas de Galicia e un coloquio sobre o futuro do dietista-nutricionista en Galicia, servirán de colofón deste congreso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2019.