Pasar al contenido principal
STG

Francisco Otero Espinar tomará posesión este martes como decano da Facultade de Farmacia da USC

Francisco Otero Espinar. Imaxe de arquivo
Francisco Otero Espinar. Imaxe de arquivo
O acto presidido polo reitor Antonio López comezará ás 13.00 horas no Salón de Graos do centro
Santiago de Compostela

O reitor Antonio López presidirá este martes 15 de outubro a partir das 13.00 horas, no Salón de Graos do centro, o acto de toma de posesión de Francisco Otero Espinar como novo decano da Facultade de Farmacia. Otero Espinar estará acompañado do seu equipo de goberno integrado polas vicedecanas Mª de los Reyes Laguna Francia e María Paz García Martínez, así como da secretaria da Facultade, Matilde Casas Parada.

Doutor en Farmacia pola USC dende 1990, Otero Espinar é catedrático no Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica. Autor de máis de 130 artigos, libros ou capítulos de libro, alén de varias patentes, leva dirixidas e codirixidas quince teses de doutoramento, así como numerosos traballos de investigación de estudantes de grao e mestrado. Na actualidade é presidente da Sociedade Española de Farmacia Industrial e Galénica (SEFIG).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2019.