O Grao en Enxeñaría Química acada o cuarto posto no Ranking El Mundo “50 Carreras” de España
O Grao en Enxeñaría Química (GREQ) da USC, que é un dos títulos que se imparten no Campus de Santiago na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, ven de acadar por 10º ano consecutivo un posto dentro dos cinco mellores graos en Enxeñaría Química de España, segundo o Ranking El Mundo “50 Carreras” de España.
En concreto, o grao impartido na ETSE sitúase, igual que na anterior edición do citado Ranking, no cuarto posto. Neste ranking avalíanse 25 indicadores agrupados en seis bloques: demanda universitaria, recursos humanos, recursos físicos, plan de estudos, resultados e outros indicadores.
O grao destaca nesta edición por ter conseguido o recoñecemento do Institute of Chemical Engineers (IChemE), institución de referencia mundial, que xa hai tres anos acreditou ao GREQ da ETSE.