Pasar al contenido principal
STG

A Premio Nobel de Medicina May-Britt Moser compartiu a súa experiencia nun ateigado auditorio universitario

A Nobel espertou a curiosidade de centos de estudantes.
A Nobel espertou a curiosidade de centos de estudantes.
Centos de estudantes e futuros científicos e científicas galegos déronse cita este xoves na Universidade de Santiago de Compostela para compartir unha xornada coa neurocioentífica e psicóloga norueguesa May-Britt Moser

Centos de estudantes e futuros científicos e científicas galegos déronse cita este xoves na Universidade de Santiago de Compostela para compartir unha xornada coa neurocioentífica e psicóloga norueguesa May-Britt Moser, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 2014, un galardón compartido con John O'Keefe e a súa parella Edvard Moser por descubrir as células que compoñen o sistema de posicionamento no cerebro humano.

O encontro forma parte do programa Nobel Prize Inspiration Initiative organizado pola Fundación AstraZeneca e Nobel Media e esta é a segunda edición celebrada en España para impulsar o talento científico e conectar os novos investigadores coa comunidade científica. En Santiago a iniciativa levouse a cabo en colaboración do programa ConCiencia.

Moser comezou a súa visita na Facultade de Medicina, onde compartiu con centos de estudantes – houbo que habilitar varias salas no centro para poder seguir a conferencia por streaming- a súa traxectoria, que a levou a conseguir o máximo recoñecemento científico, e lles falou do espazo, o tempo e a memoria no cerebro. O ton próximo do acto e a quenda de preguntas deron a oportunidade aos participantes de conversar con ela sobre as súas inquedanzas respecto ao seu futuro profesional. Foron ademais moitos rapaces e rapazas que, emocionados, quedaron ao final conversando con ela e pedíndolle consello acerca da carreira científica.

Pola tarde, May-Britter Moser mantivo un encontro con investigadores do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS). Na súa charla ‘ ¿Como ser un científico creativo?’ abordou desde outro punto de vista as claves para non deixar nunca de desafiar o establecido e ter a curiosidade necesaria para continuar investigando.

Logo da experiencia en Santiago, May-Britt Moser manifestou que fora “un verdadeiro pracer compartir a miña experiencia persoal con estudantes e investigadores. É imposible non ter inquedanzas e preocupacións á hora de iniciar unha carreira científica e por iso alégrame ter esta oportunidade única de poder falarlles da miña traxectoria e de como fixen fronte ás adversidades que se presentaron”. Rematou sentenciando: “Debemos apostar polos novos talentos, que recollerán a nosa testemuña para seguir levando a cabo os avances científicos que cambiarán o mañá”.

A conferencia levou por título 'O espazo, o tempo e a memoria no cerebro'. Foto: Santi Alvite O salón encheuse para asistir á conferencia da científica. Foto: Santi Alvite De esquerda a dereita, Doris Casares, Víctor Arce, Adam Smith, May-Britt Moser, Ángela Torres e Jorge Mira. O salón encheuse para asistir á conferencia da científica. Foto: Santi Alvite A Premio Nobel asinou no Libro de Honra da USC en presenza do reitor Antonio López. Foto: Santi Alvite

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.08.2021.