Pasar al contenido principal
STG

A USC repite no quinto chanzo do U-Ránking 2021 de universidades españolas

No relativo á clasificación que recolle os resultados da avaliación da actividade investigadora e innovadora, a USC ascende un chanzo. FOTO: Santi Alvite
No relativo á clasificación que recolle os resultados da avaliación da actividade investigadora e innovadora, a USC ascende un chanzo. FOTO: Santi Alvite
A institución compostelá ascende unha posición ao situarse sexta no apartado relativo a investigación e innovación nesta listaxe que analiza un total de 72 universidades públicas e privadas
Lugo, Santiago de Compostela

O U-Ránking elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas volve situar a USC, na súa edición correspondente a 2021, no quinto chanzo dunha clasificación composta por doce niveis. Esta edición analiza un total de 72 universidades —48 públicas e 24 privadas—cubrindo o 98% do Sistema Universitario Español, en termos de número de estudantes de grao, e examina máis de 3.400 graos e dobres graos. A USC comparte esta quinta posición con outras dezaseis universidades. Esta listaxe ordena as universidades españolas en función do seu rendemento docente, así como no relativo á investigación e á innovación, corrixindo os efectos do distinto tamaño das institucións para facelas comparables entre si.

Na clasificación que atinxe de modo específico aos resultados do eido docente, a USC mantense na cuarta posición dun total de sete postos. Nese cuarto posto, sitúanse 23 institucións. Asemade, no relativo á clasificación que recolle os resultados da avaliación da actividade investigadora e innovadora, a USC ascende un chanzo ao situarse sexta xunto con outras tres universidades nunha listaxe integrada por 18 niveis.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.06.2021.