Pasar al contenido principal
STG

O campamento ‘Mática’ potencia o interese pola ciencia e a tecnoloxía en rapazas de entre 12 e 18 anos

As actividades do campamento estarán dirixidas por profesoras, investigadoras ou estudantes de últimos cursos do Grao en Enxeñaría Informática da USC. FOTO: Santi Alvite
As actividades do campamento estarán dirixidas por profesoras, investigadoras ou estudantes de últimos cursos do Grao en Enxeñaría Informática da USC. FOTO: Santi Alvite
Esta iniciativa que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de xuño quere crear unha rede entre todas as rapazas con aspiracións nas TIC como creadoras de tecnoloxía e impulsoras de aplicacións na sociedade
Santiago de Compostela

Potenciar o interese pola ciencia e a tecnoloxía en rapazas de entre 12 e 18 anos é a meta do campamento ‘Mática’ que se desenvolverá os días 28, 29 e 30 de xuño. Orientado a rapazas de ESO ou Bacharelato, esta iniciativa está impulsada pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC, xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).  

As actividades do campamento estarán dirixidas por profesoras, investigadoras ou estudantes de últimos cursos do Grao en Enxeñaría Informática da USC. Estas actividades incluirán talleres de iniciación ao pensamento computacional e programación, robótica, intelixencia artificial, así como charlas con profesionais de recoñecido prestixio. O campamento é de balde e todas as actividades estarán adaptadas á idade das participantes, que serán divididas en grupos.

O programa ‘Mática’ no que toman parte as tres universidades galegas ten o obxectivo de crear unha rede entre todas as rapazas con intereses nas TIC como creadoras de tecnoloxía e impulsoras de aplicacións na sociedade. Para solicitar praza no campamento as interesadas deben premer na seguinte ligazón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2021.