Pasar al contenido principal
STG

Encontros en Filoloxía sobre a literatura en lingua portuguesa e os movementos culturais en Brasil

Encontros en Filoloxía sobre a literatura en lingua portuguesa e os movementos culturais en Brasil
Encontros en Filoloxía sobre a literatura en lingua portuguesa e os movementos culturais en Brasil

A Facultade de Filoloxía acollerá a vindeira semana dúas actividades culturais de ámbito lusófono. Por unha banda, unha mesa redonda con autores e autoras lusófonos de prestixio e, por outra, unha aula aberta sobre os movementos culturais das periferias de São Paulo a través dun deses movementos e dos seus promotores, o Sarau do Binho.

A primeira das actividades será este venres 29 ás 12.00 horas no Salón de Graos do centro coa mesa redonda ‘Como representar as literaturas de lingua portuguesa?’, organizada polo Camões–Centro Cultural Portugués en Vigo en colaboración co Núcleo de Docentes de Portugués da Facultade de Filoloxía da USC e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. O evento enmárcase no Congreso ‘Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais’ e no ‘XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra’ que este ano se dedica ás culturas lusófonas.

O debate estará moderado pelo profesor e escritor Carlos Quiroga e nel participarán Marina Colasanti, Roger Mello e Volnei Canonica, de Brasil; Germano Almeida, de Cabo Verde; e Luís Cardoso de Timor-Leste.

Aula Aberta Sarau do Binho O poeta Robinson Padial, criador do Sarau do Binho, e a produtora Suzi Soares falarán no mesmo espazo o 1 de abril ás 12.00 horas sobre a súa experiencia como artelladores culturais e estratexias de mediación e incentivo á lectura na zona sur de São Paulo. Ademais, Padial presentará parte da súa produción poética en diversos estilos e soportes, moitos deles manifestados en intervencións urbanas como o proxecto Postesia no que penduraba poemas na iluminación urbana.

Os saraus foron movementos que comezaron a proliferar na periferia de São Paulo nos anos 1990 (o mais coñecido é o da Cooperifa) e que son un espazo único de intercambio cultural, de divulgación literaria e de venda de libros nestas comunidades. Concretamente, o Sarau do Binho existe desde hai máis de 16 anos na zona sur de São Paulo. É un encontro de poetas, artistas plásticos, músicos, cineastas, fotógrafos, actores e lectores que se empeñan en democratizar a cultura na periferia da cidade. Os seus organizadores tamén desenvolven varias accións co foco no incentivo á lectura, como a ‘bicicloteca', ‘livros no ponto’, ‘kombiblioteca e leitura surpresa’ e a Felizs-feira literária da Zona Sul, que este ano chega á súa quinta edición.

O poeta Robinson Padial (o Binho) é un dos precursores do chamado Movimento de Literatura Marginal e Periférica e autor do libro Postesia. Pola súa banda, Suzi Soares é produtora de colectivos culturais da zona sur de São Paulo e colabora no Sarau do Binho desde a súa constitución.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2019.