Pasar al contenido principal
STG

Filoloxía acollerá a vindeira semana a celebración do ano novo chino 2018

Cartel da xornada do próximo xoves 15
Cartel da xornada do próximo xoves 15

Unha xornada na Facultade de Filoloxía conmemorará a vindeira semana a celebración do ano novo chino 2018, o Ano do Can segundo a tradición cultural deste país. Organizado pola Asociación de Estudantes Chinos, a organización educativa Qu Yuan e Erasmus Compostela da USC, a xornada desenvolverase de 19.00 a 21.00 horas no Salón de Actos (piso 1) da Facultade o próximo día 15.

Esta é unha sesión aberta á comunidade universitaria cun abano de actividades que inclúe a proxección dunha curtametraxe sobre o significado da celebración do ano novo chino 2018 e un concurso de coñecemento cultural sobre este país. Ademais dunha exhibición sobre baile moderno e salsa e maxia, tamén está prevista unha actuación de Guzheng -instrumento musical tradicional-, xogos interactivos, un obradoiro de Taichi e de caligrafía china ou unha exhibición de cancións chinas, entre outras propostas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.02.2018.