Pasar al contenido principal
STG

A incorporación de investigadores RyC profunda en novas liñas de traballo de excelencia

Laboratorio da USC
Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite
A USC deu luz verde este venres á proposta de adhesión de investigadores e investigadoras do Programa Ramón y Cajal a áreas de coñecemento para o presente ano
Lugo, Santiago de Compostela

O Consello de Goberno aprobou este venres a proposta de incorporación de persoal investigador do Programa Ramón y Cajal a áreas de coñecemento da USC para o presente ano. Deste xeito, o documento contempla a adhesión de Olalla López Costas, de Arqueoloxía; Aurora Gómez Durán, de Bioquímica e Bioloxía Molecular; Patricia Sanmartín Sánchez, de Edafoloxía e Química Agrícola; David Serantes Ábalo, de Electromagnetismo; María Tomás Gamasa, de Química Orgánica; e Patricia López Sánchez, de Tecnoloxía de Alimentos. O proceso de aceptación tivo en conta as necesidades docentes das distintas áreas e a aceptación dos departamentos implicados.

A incorporación desta quenda de investigadoras dá pulo a novas liñas de traballo de excelencia, incidindo no esforzo por incorporar novos perfís e diversificar a capacidade investigadora. Ademais, o documento aprobado subliña a aposta que a institución compostelá está a desenvolver no relativo á renovación do seu cadro de persoal e, nomeadamente, de persoal investigador que poida liderar novos proxectos.

Consello de Goberno
A incorporación desta quenda de investigadoras dá pulo a novas liñas de traballo de excelencia. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.05.2023.