Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño están dedicados na súa décimo sexta edición a ‘Pensar o mundo despois da pandemia’

Exterior da Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Exterior da Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Celebraranse entre os días 18 e 20 en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía organizados pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns

Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago estarán dedicados na súa décimo sexta edición a ‘Pensar o mundo despois da Pandemia’ e están concibidos ademais como unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán. O seu programa celebrarase entre os días 18 e 20 en modalidade semipresencial na Facultade de Filosofía organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.

Todas intervencións programadas están agrupadas arredor dunha serie de paneis temáticos dedicados a cuestións como ‘Coidar o ser’, a ‘Visión oriental’, ‘É posible outro mundo?’ ou ‘Pensar o mundo en feminino: Emilia Pardo Bazán cen anos despois’. As conferencias e relatorios correrán da man de especialistas procedentes de universidades españolas, francesas, portuguesas ou xaponesas, entre outras, que explorarán os efectos da pandemia na identidade, na dimensión afectiva e a alteridade; o tratamento do coidado na era dixital; a conciencia relixiosa; a perspectiva do corpo seguro; ou a concepción da nova normalidade e a homo postpandemia. Ademais da programación científica está prevista tamén a inauguración da exposición de pintura ‘Crónica da pandemia’ do pintor Anto Chozas, así como o acto de entrega da terceira edición do premio Sapientia.

A programación de actividades do Encontro completarano a presentación de catro libros Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la interpretación, La luz entre las tinieblas: Agustín de Hipona y Tomás de Aquino, Caminos del pensamiento japonés e Filosofía e utopía. Tamén está prevista unha homenaxe póstuma a Megumi Shiozawa. A formalización de inscricións pode formalizarse ata 15 de novembro. As persoas interesadas poden dirixirse a rocio.carolo.tosar@usc.es ou contactar a través dos teléfonos 881 812 519.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2021.