Pasar al contenido principal
STG

Asinado o convenio de colaboración entre USC e Concello de Santiago para a divulgación do ‘Programa universitario de maiores IV ciclo’

IV Ciclo
O ‘Programa universitario de maiores IV ciclo’ conta co distintas actividades formativas e culturais que teñen por finalidade a aprendizaxe e a interdisciplinaridade no ámbito da educación non formal. FOTO: Santi Alvite
O acordo ten por obxecto sufragar os custos do deseño, impresión e distribución de material divulgativo
Santiago de Compostela

O reitor Antonio López e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinaron o convenio para a divulgación do ‘Programa universitario de maiores IV ciclo’. En concreto, o citado convenio ten por obxecto sufragar os custos do deseño, impresión e distribución de material divulgativo, destinado ás persoas participantes, tanto no proxecto ‘Destacando na Ciencia’, como no programa de IV ciclo.

O ‘Programa universitario de maiores IV ciclo’ conta co distintas actividades formativas e culturais que teñen por finalidade a aprendizaxe e a interdisciplinaridade no ámbito da educación non formal. Tanto a USC como o Concello de Santiago consideran moi conveniente a colaboración mutua co obxecto de mellorar a participación nos procesos formativos do colectivo de persoas maiores, de cara a responder ás súas necesidades e expectativas. Por iso, entre os obxectivos deste programa figura promover a incorporación de alumnado maior de 50 anos aos estudos universitarios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que respondan ás necesidades e expectativas deste colectivo social.

Vincular e amplificar a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdisplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo de toda a vida de cada individuo, subliñando o protagonismo das persoas maiores é outra das metas do documento asinado polas partes; xunto con posibilitar que as persoas maiores compartan e desenvolvan iniciativas docentes e de extensión cultural, propias do contexto social e institucional universitario, adoptando os criterios organizativos, normativos e metodolóxicos que cumpran para alcanzar ese fin.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.10.2024.