Pasar al contenido principal
STG

O proxecto internacional SDGsJR, coordinador pola USC, profunda na introdución de ODS na información xornalística

Foi seleccionado para participar nun simposio internacional de intercambio de experiencias e boas prácticas entre institucións de ensino superior de Europa e Malaisia

O proxecto coordinado pola USC ‘Sustainable Development Goals in Journalismo Reporting’ (SDGsJR) foi seleccionados pola Comisión Europea para participar nun simposio sobre a cooperación no ensino superior entre institucións de Europa e Malaisia. Recentemente celebrado en formato en liña, o simposio tiña como obxectivo reunir institucións de educación superior para fomentar o intercambio de experiencias e boas prácticas en materia de Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) aplicados á información xornalística.

SDGsJR é un proxecto de 36 meses (2019-2022), cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Comisión Europea cun orzamento próximo ao millón de euros e recentemente prorrogado pola EACEA ata finais de 2023 polos efectos da pandemia. Está conformado por un consorcio de nove socios de seis países: España, Romanía, Luxemburgo, Camboxa, China e Malaisia, e coordinado pola USC da man do profesor Óscar Rodil Marzábal, do grupo de investigación ICEDE e da Agrupación Estratéxica CRETUS.

O obxectivo xeral deste proxecto é introducir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles na información periodística mediante o desenvolvemento dun plan de estudos de xornalismo en liña co desenvolvemento sostible e o aumento dos coñecementos do persoal docente en metodoloxías de ensino baseadas nas TIC. Todas as actividades do proxecto viran ao redor da idea de desenvolver un programa de cursos nas universidades asiáticas participantes, que sexa sostible a longo prazo e estea vinculado ás necesidades do mercado laboral e da sociedade en xeral. Así mesmo, preténdese aumentar a capacidade do persoal académico das universidades asiáticas asociadas, polo que o persoal académico recibirá formación para impartir o novo curso especializado.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2022.