Pasar al contenido principal
STG

Enfermaría analiza nun foro as alternativas dos futuros titulados para ampliar formación ou incorporarse ao mercado laboral

Estudantes do grao de Enfermaría que participaron nas xornadas de orientación laboral
Estudantes do grao de Enfermaría que participaron nas xornadas de orientación laboral

A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias de sobre actividades de I+D+i e inserción laboral organizadas este xoves na Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Lugo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría do campus lugués, María Asunción Núñez Magdalena, foron os encargados de dar a benvida aos estudantes de último curso do grao de Enfermaría inscritos nunhas xornadas, nas que tiveron a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes opcións entre as que deberán escoller unha vez que rematen os estudos desta titulación universitaria.

O técnico da rama xurídica da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Manuel Gómez López, que tamén é subdirector de Recursos Humanos no Sergas, abriu a quenda de intervencións cunha exposición sobre a inserción laboral no ámbito público. De seguido, o técnico da área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC en Lugo, Ramón Mazoy Fernández, falou sobre as axudas para actividades de posgrao na USC.

A presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, abordou neste foro a colexiación dos profesionais da enfermaría, mentres que Carlos Rodríguez Cabana, da Subdelegación de Defensa, e Javier Mato González, enfermeiro e tenente reservista, pecharon a xornada cunha charla sobre enfermaría militar.

Mª Asunción Núñez Magdalena e Javier Bueno, na apertura das xornadas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2018.