Máis de 150 investigadores danse cita na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias no Finance Forum

O evento foi inaugurado este xoves 7 polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri e estenderase ata este venres 8
Santiago de Compostela
A USC acolle dende este xoves 7 e ata mañá venres a vixésimo novena edición do Finance Forum, a reunión anual da Asociación Española de Finanzas (AEFIN). O evento foi inaugurado polo vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri, nun acto que contou coa participación do presidente da Asociación, David Martínez-Miera e os profesores da USC, Luis Otero e Loreto Fernández, do grupo de investigación VALFINAP.
O foro congregará a máis de 150 investigadores ao longo destes días e ten como conferenciantes principais a Hans Degryse, profesor en KU Leuven e Christine A. Parlour, directora da Cátedra Sylvan C. Coleman de Finanzas e Contabilidade en Berkeley Haas.