A USC obtén o terceiro posto no II Campionato Galego Universitario de Vela

Roberto Bermúdez de Castro Rey, Sofía María Martínez-Almeida Cuíña, Marta Belén Ribao Tábara e Jorge Juan Tábara Rodríguez foron os deportistas que integraron o equipo da institución compostelá
Santiago de Compostela
O equipo da USC de Vela conformado polo patrón da embarcación, Roberto Bermúdez de Castro Rey, xunto a Sofía María Martínez-Almeida Cuíña, Marta Belén Ribao Tábara e Jorge Juan Tábara Rodríguez quedou terceiro na segunda edición do Campionato Galego Universitario que se disputou o pasado 15 de marzo en Vilagarcía de Arousa.
As embarcación nas que levou a cabo o campionato foron barcos ELLIOT 6M. O equipo da USC quedou terceiro dun total de nove tripulacións.