Pasar al contenido principal
STG

O futuro do Dereito Administrativo debaterase este xoves na Facultade de Dereito

Cartel do encontro do próximo xoves 20
Cartel do encontro do próximo xoves 20
No transcurso dun seminario que inicia un novo ciclo de actividades do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público

O Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público (OIRESP) iniciará este xoves 20 un novo ciclo de actividades coa celebración do seminario ‘O futuro do Dereito Administrativo’, no que pronunciará a lección inaugural Jean Bernard-Auby, profesor emérito de Dereito Público de Sciences Po-Paris e considerado máximo experto a nivel internacional. A xornada comezará ás 16.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito coa asistencia do reitor Antonio López e do decano desta facultade Gumersindo Guinarte.

A lección complementaras coa intervención da directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia González-Campos Fernández.

O OIRESP agrupa un amplo conxunto de estudosos e profesionais relacionados co mundo das Administracións Públicas en sentido amplo. O Observatorio constitúe unha rede internacional de investigación impulsada dende o departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e a Facultade de Dereito da USC. Esta é unha rede integrada polos estudosos do Dereito Administrativo así como por profesionais das administracións públicas e de Xustiza de diferentes países, sendo a súa finalidade organizar e coordinar parte da actividade investigadora dos seus membros por razón da súa confluencia estable no estudo dos temas obxecto de atención polo Observatorio, para así xerar sinerxías e maximizar o aproveitamento dos recursos dispoñibles.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2018.