Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Preto dun milleiro de participantes danse cita na Feira Virtual de Emprego da USC

Vista da plataforma que aloxa a Feira Virtual de Emprego da USC, que congrega preto dun milleiro de participantes.
Vista da plataforma que aloxa a Feira Virtual de Emprego da USC, que congrega preto dun milleiro de participantes.
Este evento en liña diríxese a estudantes e persoas tituladas pola institución compostelá e permitirá o acceso a ofertas de traballo, charlas e foros para aclarar dúbidas
Lugo, Santiago de Compostela

A Feira Virtual de Emprego da USC botou a andar este mércores 10 de maio para fomentar a empregabilidade do estudantado e  das persoas egresadas da institución compostelá. A través deste foro virtual que se estende ata o xoves 11 con preto dun milleiro de inscricións, as persoas usuarias poden acceder a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas. Os e as interesadas poden rexistrarse na plataforma habilitada pola Feira e deixar os seus datos xunto cun currículo en formato pdf. A primeira das xornadas comezou co saúdo da vicerreitora de Estudantes e Servizos, Pilar Murias, quen deu a benvida, a través dun vídeo, a todas as persoas participantes.     

Ao longo destas dúas xornadas as persoas rexistradas poderán, de 8.00 a 20.00 horas, presentar o seu currículo a ofertas de emprego, asistir ás charlas ofertadas na sección ‘Axenda de Conferencias’ con inscrición previa, conversar en liña coas empresas e coas orientadoras da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC, ou acceder a múltiple información das entidades participantes (vídeos, ligazóns ou redes sociais, entre outros contidos).

“Na lapela de expositores, pode verse unha listaxe dos que están conectados e facendo clic en calquera deles, poderán atoparse os representantes desa entidade que están conectados e listos para conversar en liña tanto polo chat público como polo privado. As persoas usuarias poden ter varias conversacións ao mesmo tempo, compartir documentos e mesmo solicitarlles unha videochamada a través do videochat integrado da plataforma”, explican dende a organización da Feira.

Unha vez rematado o evento, aínda que  xa non estará dispoñible a conversa en liña, seguirá aberto o acceso ás ofertas de traballo, así como a presentación do currículo ata o domingo 14. As dúbidas sobre a Feira poden dirixirse ao enderezo electrónico orientacion.laboral.santiago@usc.es 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2023.