Pasar al contenido principal
STG

Investigadores de Psicoloxía buscan a colaboración de persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia

Investigadores de Psicoloxía buscan a colaboración de persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia
Investigadores de Psicoloxía buscan a colaboración de persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia

O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC (GRISAMP), coordinado polo profesor Fernando L. Vázquez, está a desenvolver unha intervención de carácter gratuíto dirixida a persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia. A finalidade do proxecto é previr a depresión cun programa psicolóxico administrado a través dunha aplicación para smartphones.

As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto cos investigadores a través do teléfono 673.528.166 ou do correo electrónico prevenciondepresion.app [at] gmail.com (prevenciondepresion[dot]app[at]gmail[dot]com), onde o grupo da Facultade de Psicoloxía responderá a todas as posibles cuestións e achegará todas as indicacións necesarias para acceder á aplicación.

O proxecto, titulado ‘Un ensaio clínico controlado aleatorizado sobre a eficacia dunha intervención cognitivo-condutual por App para Smartphones para coidadores con síntomas depresivos’, está financiado na Convocatoria de Proxectos de Excelencia da Axencia Estatal de Investigación española.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.09.2018.