Pasar al contenido principal
STG

Un congreso internacional profunda no estado actual da investigación arredor de Francisco de Asís

Esta primeira xornada do curso celébrase no convento de San Francisco. Foto: RQ
Esta primeira xornada do curso celébrase no convento de San Francisco. Foto: RQ

O congreso internacional ‘ Francisco de Asís, o Santo e os seus frades. Proxección no Occidente medieval’ celebrarase ata o xoves 19 na Facultade de Xeografía e Historia e no convento de San Francisco. A súa organización xorde ante os últimos descubrimentos de fontes e a renovación historiográfica franciscana, co obxectivo de abrir o debate e o intercambio de experiencias na investigación sobre o actual estado do Franciscanismo, reunindo a un elenco de especialistas de diversas áreas, universidades de centros de investigación. Está prevista a participación de especialistas en historia medieval, da arte e medieval, así como en filoloxía románica, galega, portuguesa, italiana e catalá procedentes de diversos puntos da xeografía europea.

A inauguración oficial do encontro celebrouse este martes na Sala Cimabue do Convento de San Francisco onde se desenvolve toda esta primeira xornada. Xa o mércores o e xoves, o programa continuará na Facultade de Xeografía e Historia. Este é un congreso de matrícula gratuíta, cuxo recoñecemento está aprobado para os programas de doutoramento de Estudos Medievais, Estudos da Literatura e da Cultura e Historia, Xeografía e Historia da Arte. Ademais, cunha asistencia de como mínimo o 80% das carga docente do curso concédese 1 créditos ECTS para os gran en Historia, en Historia da Arte e en Xeografía e Ordenación do Territorio.

O congreso está organizado no marco da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e coordinado por M. Dolores Fraga Sampedro, Isabel Morán Cabanas e M. Luz Ríos Rodríguez. O comité organizador destaca a idoneidade de celebrar o encontro en Compostelá apuntando que no “Finis Terrae, esta cidade é un lugar idóneo, pois a tradición franciscana lígase ao feito xacobeo e aos camiños de peregrinación medievais que percorrían os frades na súa misión apostólica de predicación e hospitalidade”.

O abano de intervencións que conforman o programa están articuladas arredor de cinco bloques temáticos nos que se atenden ás fontes, hermenéutica e renovación; Francisco e a primitiva fraternidade; o fermento baixomedieval: diversidade e reformas; profetismo, predicación e devocións; e a proxección dos frades na sociedade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2018.