Pasar al contenido principal
STG

O coidado das persoas centran a temática dunhas xornadas sobre enfermaría que reúnen arredor de 350 persoas no Hula

Participantes nas xornadas sobre Enfermaría celebradas no Hula
Participantes nas xornadas sobre Enfermaría celebradas no Hula

O cometido asistencial e o coidado das persoas centran este xoves a temática da vixésima segunda edición das xornadas organizadas pola Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, un foro monográfico que se prolongará en quenda de mañá e tarde e no que participaron arredor de 350 persoas no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) de Lugo.

A directora de RH Positivo, Belén Varela, abriu a quenda de relatorios cunha intervención que leva por título ‘As leis do éxito’. No seu relatorio e logo de reflexionar sobre a presión que sente a sociedade de acadar o éxito como meta para ser feliz, Varela propuxo un preámbulo e tres preceptos que, como as leis da natureza, achegan algunhas claves para atopar o camiño axeitado cara o éxito profesional.

Unha vez remata a alocución de Beatriz Varela, as xornadas continuaron cunha mesa de debate moderada por Marisol Vilariño centrada na atención domiciliaria e posibles medidas innovadoras ao respecto. Nesta sesión participaron como relatores Berta García, supervisora da área de Formación e Investigación da Xerencia da Xestión Integrada da Coruña; Manuel Vida, enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria; Francisco Jesús Represas, presidente de Agefec, e a estudante de último curso do grao en Enfermaría na escola universitaria de Lugo Alejandra Fernández Méndez.

A presentación de comunicacións científicas a cargo de estudantes de grao de Enfermería na escola universitaria de Lugo e un coloquio sobre o desenvolvemento de competencias de investigación na formación do grao Enfermaría pechou este foro.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a directora da Escola Universitaria de Enfermaría, Asunción Núñez Magdalena; o director xerente do Hula, Ramón Ares Rico; a directora de Procesos de Enfermaría, EOXI Lugo, Cervo e Monforte, María Jesús Pérez Taboada, e a presidenta do Colexio De Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello López, participaron no acto inaugural destas xornadas universitarias de Enfermaría.

De esquerda a dereita, Pérez, Bueno, Ares, Núñez e Bermello, na apertura do foro

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2017.