Pasar al contenido principal
STG

Consello Asesor da Formación de Persoal

Este novo órgano responde á recente unificación da formación de todo o persoal da USC e á creación do Centro de Formación de Persoal para planificala e xestionala, superando así a Sección de Formación de PAS e o Programa de Formación e Innovación Docente.

O pasado 21 de marzo constituíuse formalmente o Consello Asesor, que preside o xerente e do que forman parte catro membros da Xerencia con responsabilidades en materias de persoal, tres designados polo reitor e tres acordados polos sindicatos.

O Consello Asesor de Formación de Persoal da USC responde á recente unificación da formación de todo o persoal da USC e á creación do Centro de Formación de Persoal para planificala e xestionala, superando así a Sección de Formación de PAS e o Programa de Formación e Innovación Docente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.04.2024.