Pasar al contenido principal
STG

O coidado das persoas centran este xoves unhas xornadas da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo no Hula

O cometido asistencial e o coidado das persoas centra a temática da vixésima segunda edición das xornadas organizadas pola Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, un foro monográfico que se prolongará en quenda de mañá e tarde no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula).

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a directora da Escola Universitaria de Enfermaría, Asunción Núñez Magdalena; o director xerente do Hula, Ramón Ares Rico; a directora de Procesos de Enfermaría, EOXI Lugo, Cervo e Monforte, María Jesús Pérez Taboada, e a presidenta do Colexio De Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello López, abrirán estas xornadas ás 9.30 horas cunha breve acto inaugural, tralo que comezará a quenda de relatorios.

A directora de RH Positivo, Belén Varela, abrirá a quenda de relatorios cunha intervención que leva por título ‘As leis do éxito’. Ao seu remate, as xornadas continuará cunha mesa de debate centrada na atención domiciliaria e posibles medidas innovadoras ao respecto. A presentación de comunicacións científicas a cargo de estudantes de grao de Enfermería na escola universitaria de Lugo pechará, xa en quenda de tarde, o desenvolvemento deste foro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.04.2017.