Pasar al contenido principal
STG

Inauguración do programa de actividades do Ano Internacional da Táboa Periódica

A Facultade de Química celebrará ao longo de 2019 o Ano Internacional da Táboa Periódica, conmemoración que dará comezo este mércores 30 coa conferencia que impartirá o profesor da Universidade de País Vasco Pascual Román Polo titulada ‘Mitoloxía e arte na táboa periódica dos elementos químicos’.

A sesión inaugural deste ciclo de actividades celebrarase partir das 13.00 horas na Aula Magna da Facultade de Química coa participación do vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, da decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera, e do subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Iván Mira Fernández. Na mesma xornada inaugurarase unha pequena exposición sobre táboas periódicas, logo da conferencia de Román Polo incluída á súa vez no ciclo ‘Reactiva a túa Química’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.01.2019.