Unha xornada lúdica en Filoloxía celebra este xoves o Ano Novo Chinés

Co obxecto de difundir a cultura do seu país, a Asociación de Estudantes Chinos na USC organiza este xoves 9 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía o Ano Novo Chino, unha iniciativa aberta a toda a comunidade universitaria compostelá. O obxectivo, que alcanza a súa cuarta edición, é mostrar o significado desta celebración e as actividades típicas do festivo máis importante de China.
Para este xornada está previsto un abano de actividades lúdicas e xogos a través das que dar conta da cultura do país asiático. A sesión celebrarase entre as 19.00 e as 21.30 horas.