Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

STG

Os premios fin de carreira galardoan 52 estudantes da Universidade de Santiago

Estudantes da USC nunha aula. FOTO: Santi Alvite
Estudantes da USC nunha aula. FOTO: Santi Alvite
Os graos en Medicina e Mestre/a de Educación Infantil son os que acadan un maior número de persoas premiadas dentro da USC, un total de catro cada un

A Xunta de Galicia acaba de recoñecer a excelencia académica de 106 estudantes das universidades galegas cos premios fin de carreira. Así se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) de adxudicación dos premios para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que rematou os seus estudos no ano 2023. En total, 52 estudantes pertencen á USC, mentres que 35 son da UVIgo e 19 pertencen á UDC. O 62% das persoas recoñecidas son mulleres.

Ademais, os mellores expedientes distribúense entre 64 titulacións nos diferentes campus. Na USC, por número de recoñecementos destacan 4 premios en Medicina e outros 4 no grao en Mestre/a de Educación Infantil. Cada unha das 103 persoas premiadas recibirá unha achega económica de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Para optar ao premio, as persoas candidatas debían acreditar unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde e 7,5 puntos para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2024.