Filoloxía acolleu a terceira Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos

Filoloxía foi a sede este xoves da terceira edición da Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, organizada polas áreas de Filoloxía Grega e Filoloxía Latina da USC en colaboración coa sección galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC).
Na competición participaron 52 alumnos na proba de grego e 67 na de latín, procedentes de 19 centros de toda Galicia. Os gañadores recibirán os seus galardóns o vindeiro 3 de maio na Facultade de Filoloxía, coincidindo coa celebración dos II Lvdi Compostellani, que terán lugar no mesmo escenario.