Pasar al contenido principal
STG

Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina

Dez membros do Consello de Goberno traballan en comisión na proposta de accións específicas para colaborar co sistema universitario palestino

O Consello de Goberno, na súa sesión do día 10 de xuño, acordou a creación da Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina. Esta comisión está composta por representantes no Consello de Goberno dos diferentes colectivos que compoñen a comunidade universitaria. Confórmana dez membros:

  • Representantes do equipo de goberno:

Javier Ferreira Fernández

Mª José López Couso

Pilar Murias Fenández

  • Representantes do persoal docente e investigador:

Javier de Donato Rodríguez

Rosa Crujeiras Casais

Xulia Guntín Araujo

  • Representante do persoal técnico de xestión, administración e servizos:

Aurelio Barreiro González

  • Representantes do estudantado:

León Felipe Ureña Sánchez

David Ramos Arcos

Daniel González Pérez

A Comisión para o Desenvolvemento de Accións a Prol da Comunidade Universitaria Palestina do Consello de Goberno ten unha encomenda deste órgano para desenvolver funcións a respecto da posta en marcha de accións específicas que permitan colaborar co sistema universitario palestino en xeral e, en particular, cos seus membros.

Como non podía ser doutro xeito, a Comisión sempre apostou polo diálogo para valorar e integrar posibles accións en prol do pobo palestino. Neste marco, a Asemblea internacionalista do estudantado e da clase traballadora de Compostela foi convidada en dúas ocasións a participar nas xuntanzas da comisión manifestando a súa intención, en ámbalas dúas ocasións, de contribuír con propostas concretas para a súa valoración.

Ante a ocupación da Casa da Balconada o día 19 de xuño por parte de membros da Asemblea, a Comisión manifesta a súa perplexidade e lamenta profundamente a intención de boicote por parte deste colectivo impedindo o normal funcionamento do traballo da comisión e da nosa institución.

Con todo, a comisión continuará co seu traballo, tratando de dar cumprimento á encomenda do Consello de Goberno da Universidade que pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/comision-palestina