Pasar al contenido principal
STG

As xornadas ‘O medio ambiente en Galicia’ alcanzan a súa décima convocatoria

As xornadas ‘O medio ambiente en Galicia’ alcanzan a súa décima convocatoria
As xornadas ‘O medio ambiente en Galicia’ alcanzan a súa décima convocatoria

A décima edición das xornadas ‘ O medio ambiente en Galicia. Unha visión multidisciplinar’ celebrarase do 19 ao 22 de xuño na Aula Magna da Facultade de Química ao longo de 30 horas lectivas. Este curso pretende achegar aos estudantes universitarios, profesorado de ensino medio, profesionais interesados no tema e ao público en xeral o estado actual da cuestión medioambiental a nivel galego desde un punto de vista multidisciplinar. Así, atenderanse cuestións sobre aspectos físicos, químicos e biolóxicos da contaminación, cambio climático, contaminación das augas, residuos, lexislación e economía medioambiental ou crecemento sostible, entre outras cuestións. A matrícula remata este venres 9.

O programa comezará cunha serie de intervencións sobre o labor desenvolvido na Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, sobre as lagoas de Doniños en Ferrol e Frouxeira en Valdoviño e arredor do Laboratorio de medio ambiente de Galicia. Xa o día 20 abordarase o uso das enerxías renovables e particularmente a importancia do incremento do seu uso na redución de problemas medioambientais así como as particularidades das enfermidades das plantas dende o punto de vista do control sostible mediante a resistencia inducida. O programa deste curso de verán rematará cunha visita ao Marco Medioambiental da Lagoa da Frouxeira en Valdoviño e da Zona de Doniños para observar a diversidade marítima e terrestre e a celebración dun obradoiro de medio ambiente.

As persoas interesadas poden atopar máis información na web da Universidade de Verán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2017.